PATRIMONIO

O VI Ciclo de Música de Cámara nas Cidades Patrimonio chega o 1 de xuño a Santiago de Compostela

21/05/2019 O claustro da igrexa de San Martiño Pinario acollerá o sábado 1 de xuño, ás 20:30 horas, un concerto do Quintento Ricercata de EY, no marco do VI ciclo Música de Cámara nas Cidades Patrimonio da Humanidade de España. A entrada é de balde.

Este Ciclo, organizado polo Grupo Cidades Patrimonio da Humanidade de España en colaboración coa Escuela Superior de Música Reina Sofía, leva de forma gratuita para o público unha selección da mellor música de cámara a espazos históricos, civís e relixiosos das 15 cidades españolas incluídas naa Lista do Patrimonio Mundial da UNESCO, que serven de escenarios excepcionais para a celebración destes conertos.

A formación que estará en Santiago, seleccionada entre as mellores da Escola, é o Quinteto Ricercata de EY, formado por Juan Cossío, frauta; Yeimi Leguizamón, oboe; Ángel Martín, clarinete: María Bernal, fagot, e Antonio Lasheras, trompa. Interpretarán obras de C. Nielsen, J. Françaix, M. Arnold e P. D’Rivera.

Compartir: