MEDIO AMBIENTE

ACUAES aproba o documento descritivo para a licitación do contrato da redacción do proxecto e execución da EDAR da Silvouta

10/05/2019 O Consello de Administración de ACUAES deu hoxe un novo paso para a licitación da nova estación depuradora de augas residuais da Silvouta. O órgano aprobou o documento descritivo para a licitación do contrato de redacción do proxecto, execución das obras e explotación da EDAR, unha actuación que será sometida ao procedemento do diálogo competitivo.

O primeiro paso para o procedemento do diálogo competitivo é a elaboración do documento descritivo que sentará as bases do contrato e que, coa súa publicación, permitirá a presentación das propostas entre as que se seleccionarán aquelas que participen no diálogo competitivo. Unha vez desenvolvidas as propostas elixidas, invitarase aos candidatos a presentar a oferta definitiva. Será seleccionada a que dispoña dunha mellor calidade-prezo en base aos criterios de valoración dispostos na invitación a participar no procedemento, criterios técnicos, económicos e de prazos.

Compartir: