ACCIÓN CULTURAL

A Banda Municipal ofrece este domingo un concerto especial fusionando música e danza ao vivo

03/05/2019 A Banda Municipal de Música súmase á celebración do Día Internacional da Danza (29 de abril) cun concerto especial no que a formación dirixida por Casiano Mouriño estará acompañada por Alfaia Danza e Academia Lodanzas. Será este domingo 5 de maio, ás 12:30 horas, no Teatro Principal.

Neste concerto fusionaranse música e danza ao vivo, coa participación de case 100 alumnos/as de todas as idades de disciplinas como danza clásica, danza contemporánea, break dance... Porase así en valor o traballo de dúas das entidades que imparten danza na cidade: Alfaia Danza e Academia Lodanzas.

O programa do concerto inclúe obras de Alfred Reed, Amilcari Ponchielli, Robert e Richard Sherman, Louis Prima, Eric Whitacre, Léo Delibes, Frank Sinatra e Pascual Piqueras.

Documentos relacionados



Compartir: