FESTAS

O desfile-concurso de Entroido celebrarase este domingo cos mesmos horarios e percorrido

15/03/2019 O próximo domingo, 17 de marzo, celebrarase o desfile do Entroido que fora adiado o pasado día 5 por mor do mal tempo. O evento mantén os horarios e percorrido previstos, pero a entrega de premios celebrarase no Teatro Principal e non na Sala Capitol.

Tal e como se acordara coas comparsas e carrozas inscritas, o desfile de Entroido celebrarase o próximo domingo. Os participantes concentraranse na avenida de Ferrol ás 16:30 horas, para facer a súa saída unha hora despois. O desfile irá polas rúas de Frei Rosendo Salvado, praza Roxa, República do Salvador, Hórreo, Senra e remate na avenida de Xoán Carlos I. A entrega de premios celebrarase no Teatro Principal.

Premios
Haberá tres premios para as mellores carrozas, dotados con 3.000, 2.000 e 1.000 euros, mentres que as mellores comparsas recibirán 2.400, 2.000 e 1.000 euros. En canto aos grupos, tamén se repartirán tres premios de 800, 400 e 200 euros; no caso da mellor parella haberá un único premio de 400 euros; e para os disfraces individuais os premios serán de 300, 200 e 100 euros. Por último, repartiranse tres premios especiais ás mellores comparsa de parroquias ou barrios do concello de Santiago, que son incompatibles cos outros premios, e que están dotados con 1.200, 600 e 400 euros.

Compartir: