ALCALDÍA

O alcalde reivindica a Valle-Inclán no 83 aniversario do seu pasamento

05/01/2019 O alcalde de Santiago, Martiño Noriega; a concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra; o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez; o secretario xeral de Políticas Culturais, Anxo Lorenzo, e representantes da Casa Museo de Valle-Inclán, entre outros, renderon hoxe unha sentida homenaxe ao escritor Ramón María del Valle-Inclán no cemiterio de Boisaca, coincidindo co 83 aniversario do seu pasamento.

O alcalde sinalou que "é de xustiza estar hoxe aquí homenaxeando a unha figura que constrúe o relato de cidade, non só pola súa literatura, senón tamén pola vida que el facía en Compostela, acudindo ás tertulias". Martiño Noriega referiuse a él como "un dos imprescindibles en Santiago e no conxunto do país, ao igual que Isaac Díaz Pardo que hoxe tamén fai sete anos que nos deixou".

Martiño Noriega e Branca Novoneyra colocaron unha coroa de flores en nome do Concello de Santiago na tumba de Valle-Inclán e o alcalde deixou unha mazá na de Isaac Díaz-Pardo.

Compartir: