EDUCACIÓN E CIDADANÍA

Amplíase o prazo para o Programa Municipal de Conciliación de Nadal ata o 17 de decembro

10/12/2018 As actividades do Programa de Conciliación de Nadal están dirixidas a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos, e desenvolveranse os días 24, 26, 27, 28 e 31 de decembro de 2018, e 2, 3, 4 e 7 de xaneiro de 2019 no CEIP Monte dos Postes e no CEIP Raíña Fabiola, de alcanzarse o número mínimo de participantes requirido. A Concellería de Educación e Cidadanía ampliou o prazo de inscrición ata o luns 17 de decembro.

Poden participar nenos e nenas empadroados no Concello de Santiago de Compostela ou que cursen estudos en centros de educación infantil e primaria de Santiago de Compostela. Teñen a opción de escoller entre participar todos os días do programa ou en días soltos.

O horario do programa será de 7:45 a 16:00 horas. O servizo de madrugadores funcionará de 7:45 a 9:00 horas e poderá ser con ou sen almorzo. De 9:00 a 14:00 horas realizaranse os obradoiros e actividades. Finalmente, entre as 14:00 e as 16:00 horas, existe a posibilidade de solicitar o uso do servizo de comedor.

Inscrición
A inscrición ealizarase a través do Rexistro Xeral do Concello de Santiago (rúa Presidente Salvador Allende, 4) ou no Rexistro Auxiliar do Centro Sociocultural do Ensanche (rúa de Frei Rosendo Salvado, 14-16), cubrindo o formulario dispoñible nesta web municipal ou tamén no Departamento de Educación e Cidadanía ou no propio Rexistro. A admisión será por rigorosa orde de inscrición.

Direcciones relacionadas



Compartir: