EMPREGO
Nas xornadas participarán poñentes de primeiro nivel como Francisco Ramos, director executivo das estratexias de fomento da ocupación da entidade Barcelona Activa; o profesor e economista especializado no mercado laboral, Manuel Lago; o director de Fomento do Concello de Donosti, Euken Sesé, ou a directora xeral da Fundación Príncipe de Girona, Mónica Margarit.
Mesas redondas
Xa o mércores é o tempo das mesas redondas. A partir das 11 da mañá celebrarase a mesa "Transformación das culturas corporativas e prácticas innovadoras na xestión das persoas e o talento", na que participarán a responsable de comunicación corporativa de Tecalis (empresa de desenvolvemento de software), o director de proxectos de Imatia Innovación, o director responsable de Recursos Humanos do Grupo Hotusa e a CEO de Galchimia.
Xa a partir das 12:15 terá lugar a mesa "Oportunidades para o talento nas economías locais", coa participación de Ramón Suárez, representando a Asociación Europea Mentoring AMCES-EMCC; Margarita Ardao, da Área de Centros da Axencia Galega de Innovación (GAIN), e Rogelio Conde-Pumpido, director da área de xestión e valorización de I+D da Universidade de Santiago de Compostela.
Inscricións abertas
Dende o pasado mércores ás 19:00 horas están abertas as inscricións para Talentia 2018, incluíndo todas as actividades que se levarán a cabo, así como para participar nas xornadas. A inscrición é de balde e poderase facer en www.talentia.gal, onde se actualizarán case a tempo real as inscricións e se poderá consultar o número de empresas inscritas.
En Talentia 2018 xestionaranse máis de 200 postos de traballo, téndose pechado xa 59 postos nas semanas previas ao evento. Haberá 23 mentores persoais e realizaranse 367 probas de certificacións.
Poñentes de primeiro nivel estarán presentes nas xornadas de emprego organizadas no marco de Talentia 2018
02/11/2018 Os vindeiros 13 e 14 de novembro o Palacio de Congresos acolle o espazo aberto polo emprego Talentia 2018, ao abeiro do cal se organizan unhas xornadas que levan por nome Oportunidades para o talento e a creación do emprego nas economías locais. A concelleira de Emprego, Marta Lois, deu conta destas xornadas, acompañada polo técnico responsable da área, Xavier Ferreiro.
A economía local ten que ter como obxectivo un desenvolvemento inclusivo e xerador de emprego. Por iso, tal e como indicou Marta Lois, "o obxectivo destas xornadas será coñecer as claves do mercado laboral, ampliar os coñecementos sobre as actuais demandas das empresas e traballar as ferramentas e competencias requiridas para a inserción laboral. Trataríase de abrir camiños para impulsar a empregabilidade dende as economías locais na Era do Talento".Nas xornadas participarán poñentes de primeiro nivel como Francisco Ramos, director executivo das estratexias de fomento da ocupación da entidade Barcelona Activa; o profesor e economista especializado no mercado laboral, Manuel Lago; o director de Fomento do Concello de Donosti, Euken Sesé, ou a directora xeral da Fundación Príncipe de Girona, Mónica Margarit.