ALCALDÍA

O alcalde analiza co Foro Cívico o estado das infraestruturas pendentes en Compostela

11/02/2016 O alcalde, Martiño Noriega, presidiu unha xuntanza no Pazo de Raxoi cos membros do Foro Cívico Empresarial de Santiago, na que tamén participou o concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade, Jorge Duarte. A reunión tiña como obxectivo darlle conta á plataforma do estado de tramitación dalgunhas infraestruturas vitais para Compostela.

Na xuntanza, o alcalde e o concelleiro informaron ao Foro Cívico da situación actual de cinco proxectos: o orbital e a conexión da AP-9 coa A-54 e coa Cidade da Cultura, a estación intermodal, a estación de ferrocarril para mercadorías, o túnel de Conxo e a variante de Aradas.

O Foro Cívico Empresarial é unha plataforma na que están representadas a Universidade, a Cámara de Comercio, Hostalería Compostela, Santiago Centro, a Asociación de Empresarios do Polígono do Tambre, o Rotary Club, o Club Financeiro, a Real Sociedad Económica de Amigos del País, a Fundación Ruta Xacobea de Mar de Arousa e Ulla, a Asociación de Antigos Alumnos da Universidade, a Asociación de Xornalistas de Santiago, Compostela Solidaria, a Asociación Vicus Francorum, o Colexio Maior A Estila, o Colexio de Avogados, o Colexio de Economistas, o Colexio de Arquitectos, o Colexio de Enxeñeiros Técnicos Industriais, e o Colexio de Procuradores. Entre todos estes colectivos supoñen o 85% do PIB da cidade.

Compartir: