ACCIÓN CULTURAL

A Banda Municipal de Música interpreta a "4ª Sinfonía" de Alfred Reed no Teatro Principal

05/02/2016 A Banda Municipal de Música de Santiago presentará este domingo, 7 de febreiro, un programa de estrea baixo a batuta do seu mestre titular Juan Miguel Romero. A cita, como cada domingo, é ás 12:00 horas no Teatro Principal.

O deste domingo será un programa atrevido, innovador e de elevada dificultade técnica. A primeira parte comporase de dúas obras do compositor coruñés Nani García, un Concerto para clarinete baixo, interpretado polo solista Xoaquín Meijide, e unha abertura de estrea absoluta.

A segunda parte do concerto estará centrada na 4ª Sinfonía de Alfred Reed e na 3ª Suite para banda do mesmo compositor. A cita será todo un desafío tanto para os músicos como para o público asistente, pola súa complexidade estética.

Documentos relacionados



Compartir: