ALCALDÍA

Martiño Noriega preside o Consello Municipal de Relacións Veciñais

27/11/2015 O Pazo de Raxoi acolleu onte unha reunión do Consello de Relacións Veciñais, presidida polo alcalde, Martiño Noriega, á que asistiron representantes dos catro grupos da Corporación municipal e das asociacións de veciños de Compostela. O rexedor aproveitou a xuntanza para reiterar o seu compromiso de escoitar as demandas dos residentes e facelos partícipes das políticas que se poñan en marcha desde o Concello.

Martiño Noriega salientou que, no que levamos de lexislatura ,foron xa moitas as visitas realizadas aos barrios e parroquias de Santiago, e as reunións mantidas cos representantes veciñais. Eses encontros serviron para realizar unha base de datos coas demandas dos distintos colectivos e para tratar de darlle unha resposta ao longo dos próximos meses. Ademáis, o alcalde explicoulles aos membros do Consello de Relacións Veciñais que é a súa intención ir implementando un novo modelo de orzamentos participativos, que este ano se aplica como experiencia piloto no departamento de Mocidade.

Compartir: