POLÍTICAS SOCIAIS

Concha Fernández continúa a rolda de contactos co obxectivo de por en marcha un protocolo municipal ante os desafiuzamentos

27/11/2015 A concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, reuniuse cunha representación dos xulgados composteláns, encabezada polo decano dos seus xuíces, José Alvariño Alejandro. Tamén participou na xuntanza a xuíz de Familia, o xuíz do Xulgado de Instancia nº 5 e a secretaria do Servizo de Notificacións e Entrega. Tamén acompañaron á edil nesta xuntanza o secretario técnico do Colexio de Avogados de Santiago, Manuel Arza e o avogado Timoteo Gutiérrez.

O obxectivo desta reunión era incorporar as suxestións xudiciais ao protocolo municipal fronte aos desafiuzamentos que quere por marcha o Concello de Santiago. Concha Fernández está mantendo contactos con diferentes axentes implicados nesta cuestión dos desafiuzamentos, como entidades sociais ou colexios profesionais. Tras a reunión mantida co Colexio de Avogados e esta cos representantes xudiciais, a concelleira escoitará as suxestións do Colexio de Psicólogos e de Stop Desafiuzamentos.

Compartir: