POLÍTICAS SOCIAIS

Unha charla sobre as persoas refuxiadas sirias abre as actividades da campaña de sensibilización Xunt@s Facemos Compostela

19/11/2015 Hoxe xoves, ás 19:00 horas, terá lugar na Facultade de Historia da Universidade de Santiago a primeira charla da campaña Xunt@s Facemos Compostela, que organiza o Concello de Santiago xunto coa Asemblea de Cooperación pola Paz.

Trátase da primeira das cinco charlas programadas e leva por nome "Conflitos actuais e sirio e a crise das persoas refuxiadas: Contexto e causas", coa presenza do activista de Amnistía Internacional Reinhard Lamsfuss, especialista en Irán e Siria. Acompañarao a presidenta de Médicos do Mundo Galicia.

Lamsfuss, alemán que leva máis de 20 anos en España, é especialista en discriminación da muller en Irán e na represión que sofren activistas e defensores dos dereitos humanos. Loita porque se mude a lexislación e "non se sacrifiquen os dereitos da muller en aras dos intereses xeopolíticos".

Esta campaña, que comeza con esta actividade, continuará ao longo das vindeiras semanas con máis charlas, exposicións, talleres e teatro.

Compartir: