ALCADÍA

Martiño Noriega reúnese coa directora da Feira do Libro de Bos Aires

06/10/2015 Santiago deCompostela será a cidade invitada na edición de 2016 deste encontro.

A directora da Feira Internacional do Libro de Bos Aires visitou esta tarde o Pazo de Raxoi, para entrevistarse co alcalde de Santiago. Nelly Espiño adiantoulle a Martiño Noriega algúns detalles dese evento, que na súa edición de 2016 terá a Compostela como cidade invitada. No encontro celebrado no Concello tamén participou o director da Editorial Galaxia, Víctor Fernández Freixanes.

A Feira do Libro de Bos Aires será unha oportunidade magnífica para promocionar a literatura galega e a nosa cultura. Ainda que o stand de Santiago no evento dependerá da Xunta, o Concello poderá xestionar un espazo propio dentro del, tal e como acordaran o conselleiro de Educación e Cultura, Román Rodríguez, e o alcalde compostelán, Martiño Noriega.
Santiago será a terceira cidade invitada no evento da capital arxentina, despois de Ámsterdan (2014) e México D.F. (2015).

Compartir: