DEPORTES

O Concello recibe ás seleccións española e austriaca de balonmán feminino

06/10/2015 O Salón Nobre do Pazo de Raxoi acolleu a recepción oficial das seleccións española e austriaca de balonmán feminino, que se enfrontarán este mércores 7 de outubro a partir das 20:45 horas no Multiúsos Fontes do Sar.

Trátase do primeiro encontro no camiño das "Guerreiras" por clasificarse no Europeo 2016. A concelleira de Deportes, Noa Morales, destacou a importancia que este tipo de eventos teñen "para darlle pulo a un deporte que ten menos cabida nos medios de comunicación e tamén para visibilizar o papel da muller nos eventos deportivos".

O rexedor compostelán, Martiño Noriega, tamén estivo presente no acto para darlle a benvida a ambas seleccións. As capitanas dos dous combinados fixéronlle entrega ao Concello das camisetas coas que xogarán mañá o encontro e agradeceron as mostras de apoio.

Compartir: