ALCALDÍA

Felipe VI, designado embaixador de honra do Camiño de Santiago

06/10/2015 O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asistiu esta mañá ao acto no que o Rei Felipe VI recibiu as credenciais que o designan primeiro embaixador de honra vitalicio do Camiño de Santiago.

Trátase dunha distinción que foi creada pola Xunta ao abeiro do Plan Integral de Turismo de Galicia, e que tamén lle foi concedida ao presidente do Goberno, Mariano Rajoy, e ao seleccionador español de fútbol, Vicente del Bosque.

O acto celebrado no Pazo de Raxoi estivo presidido polo titular da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e contou coa presenza da ministra de Fomento, Ana Pastor, da presidenta do Parlamento, Pilar Rojo, e do alcalde compostelán, entre outras autoridades.

Compartir: