DEPORTES

A I Carreira Solidaria da Liga Reumatolóxica Galega congrega a 170 participantes

04/10/2015 Co lema "Tod@s contra a dor" a Liga Reumatolóxica Galega organizou a primeira edición da Carreira Solidaria para visibilizar a dor que sufren os pacientes con enfermidades reumáticas.

Participaron un total de 170 persoas entre adultos e nenos en dúas probas. Unha andaina de 2,5 quilómetros ao redor da Alameda e unha carreira de 4,5 quilómetros. A concelleira de deportes, Noa Morales, foi a encargada de dar o pistoletazo de saída e estivo presente na entrega de premios. Destacou "a importancia deste tipo de eventos e desexou que esta fora a primeira de moitas edicións máis".

Compartir: