ALCALDÍA

O alcalde e a concelleira de Políticas Sociais reúnense con Cáritas para tratar os proxectos da entidade en Compostela

06/10/2015 Foi unha xuntanza inicial entre tres representantes de Cáritas coa concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, e o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, na que se trataron os proxectos que a entidade ten na cidade, como o Centro de Día de Carretas, cuxa licencia está en tramitación.

Ademais Cáritas transmitiulle ao Concello a súa idea de crear empresas de inserción laboral que se encarguen de sacar a persoas da exclusión social. O proxecto que teñen previsto sacar adiante en novembro está vencellado coa roupa e consistirá nunha empresa do sector textil que recollerá os sobrantes das prendas para reutilizalas, mentres que a roupa que non se poida usar se destruirá de forma ecolóxica.

Martiño Noriega valorou moi positivamente esta xuntanza e mostrouse moi interesado por estes proxectos de Cáritas desenvolve na cidade.

Compartir: