DEPORTES E POLÍTICAS SOCIAIS

Recepción no Concello ao Club Arteal Tenis de Mesa e a 50 peregrinos de FEAFES Galicia

02/10/2015 O Pazo de Raxoi recibiu a visita de dúas organizacións de ámbitos diferentes: o Arteal Tenis de Mesa e FEAFES Galicia.

A concelleira de Deportes, Noa Morales, recibiu xunto a representantes do resto de grupos municipais aos integrantes do Club Arteal Tenis de Mesa que xogarán mañá un encontro a partir das 11:00 horas.

Posteriormente, a concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, tamén acompañada por membros dos outros grupo,s recibiu a 50 membros da asociación FEAFES Galicia que chegaron hoxe a Santiago tras 13 días de camiño.

A ambos fíxoselles entrega dunha lámina da cidade de edición limitada.

Compartir: