EMPREGO

O obradoiro de emprego "Ecotur xuvenil" acondicionará tres zonas de interese para a cidade

01/10/2015 Participan 34 mozos e mozas que realizarán labores de acondicionamento no sendeiro de Galeras a Ponte Albar, na rota dos Ríos e nas "Brañas do Sar".

Os concelleiros de Medio Ambiente, Xan Duro; de Espazos Cidadáns, Jorge Duarte; e de Emprego e Promoción Económica, Marta Lois, realizaron unha visita esta mañá ao obradoiro de emprego "Ecotur Xuvenil", na zona de acondicionamento do sendeiro de "Brañas de Sar".

Trátase dun programa xestionado pola Área de Emprego do Concello de Santiago que ten como obxectivo "mellorar a ocupabilidade das persoas desempregadas, menores de 30 anos, que estén inscritos no Servizo de Garantía Xuvenil". No obradoiro foron seleccionadas 34 persoas que realizarán durante 6 meses labores de acondicionamento de tres zonas de grande interese medioambiental para a cidade, como son o Sendeiro de Galeras a Ponte Albar, a Rota dos Ríos e o sendeiro "Brañas de Sar".

A concelleira de Promoción Económica e Emprego destacou que "a parte do enorme interese que esperta na veciñanza o acondicionamento destas zonas para o ocio e o esparcemento, tamén é moi importante para a atracción turística, como un dos motores a cidade". Isto da orixe a unha nova tendencia de facer turismo, a cal nos queremos contribuir con este proxecto de promoción do turismo alternativo, tomando como referencia os ríos de Compostela.

O programa ten tres especialidades formativas: instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes, pavimentos e albanelería de urbanización e colocación de pedra natural.

Documentos relacionados



Compartir: