EDUCACIÓN E CIDADANÍA

O concelleiro de Educación reuniuse coa ANPA do CEIP As Fontiñas

24/09/2015 O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manolo Dios, mantivo unha xuntanza coa ANPA do CEIP As Fontiñas tras a súa reunión do pasado mércores na Coruña co xefe territorial de Educación da Xunta de Galicia.

Manolo Dios quixo trasladarlle aos pais e nais do colexio as peticións que lle fixo ao xefe territorial, como a substitución dos solos das aulas de educación infantil, o pintado interior do edificio de educación primaria, a eliminación de barreiras arquitectónicas e a construción tanto dun comedor como dunha pasarela que comunique os edificios de infantil e primaria. Trátase dunha cuestión prioritaria para a ANPA e que preocupa ao Goberno local.

O concelleiro espera que se realicen as obras para a construción dun novo comedor, que solucionaría os problemas de espazo existente, e tamén a pasarela, unha cuestión que o xefe territorial prometeu estudar e concretar en dous cursos.

Manolo Dios escoitou tamén as peticións e reivindicacións das nais e pais do CEIP As Fontiñas no relativo a adecuación e mellora dos parques escolares.

Compartir: