CONVIVENCIA

O Goberno municipal lembra que os vehículos cun peso superior a 5,5 toneladas non poden circular pola rúa de San Pedro

24/09/2015 O Goberno local quere lembrar aos composteláns que teñen prohibido o paso pola rúa de San Pedro os vehículos dun peso superior a 5,5 toneladas. Deste xeito permítese a circulación dos turismos, autobuses urbanos, vehículos de emerxencia e carga e descarga no horario correspondente.

Terán prohibida a circulación os autobuses de gran tonelaxe e os escolares, que deberán utilizar a rúa de Basquiños, aberta ao tráfico dende hai unhas semanas. A Policía Local insta aos veciños e veciñas a que se respecte o sinal colocado ao comezo de San Pedro e colocará un radar móbil para evitar o paso deste tipo de vehículos.

Compartir: