POLÍTICAS SOCIAIS

Trece entidades sociais participan na Mesa de Traballo para coordinar o acollemento en Santiago a persoas refuxiadas

22/09/2015 A concelleira de Servizos Sociais mantivo unha xuntanza esta mañá con ata trece entidades sociais que traballan con persoas refuxiadas. Nesa Mesa de Traballo plantexáronse distintas propostas sobre como coordinar a chegada de persoas refuxiadas e os recursos cos que conta, tanto o Concello de Santiago, como as entidades sociais.

Dende que o Departamento de Políticas Sociais puxo a disposición da veciñanza o formulario de axuda ás persoas refuxiadas, foron xa unhas 30 as solicitudes que foron chegando. Segundo avanzou a concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, os voluntarios ofreceron "recursos habitacionais, vivendas baleiras e apoio".

Aínda non se coñece o número de persoas que acollerá Santiago, unha cuestión que depende do Goberno central e da Unión Europea, pero dende o Concello falarase coas entidades bancarias para coñecer os recursos cos que contan e estase a iniciar o traballo nun curso de formación con persoal do Concello.

Compartir: