DEPORTE

O martes 8 de setembro remata o prazo de solicitude de subvencións ao fomento do deporte federado 2015

03/09/2015 O pasado 19 de agosto publicáronse no BOP as bases da convocatoria de subvencións destinadas ao fomento do deporte federado do ano 2015. O prazo de 20 días naturais para solicitar a subvención remata o vindeiro martes 8 de setembro.

Poderán acceder a estas subvencións as Entidades Deportivas Federadas con sede social no Municipio de Santiago e que figuren inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións, e no Rexistro da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.

Os formularios de solicitude están dispoñibles nas Oficinas do Departamento de Deportes do Concello (Estadio de San Lázaro, porta principal ou nº 1) nesta mesma web (apartado de Anuncios) ou na web do Departamento de Deportes.

Máis información no Departamento Municipal de Deportes: 981 528 730, en horario de 9:00 a 14:00 horas.

Compartir: