EDUCACIÓN E CIDADANÍA

Publicadas as listaxes de admitidos nos servizos de comedor e de madrugadores

03/09/2015 O Concello de Santiago de Compostela porá en marcha, o xoves 10 de setembro, os servizo de comedores e de madrugadores nos seguintes centros de ensino públicos: Apóstolo Santiago, Cardeal Quiroga Palacios, As Fontiñas, Roxos-Villestro, Vite, Mestre Rodríguez Xixirei (Lavacolla), Monte dos Postes, Raíña Fabiola, Ramón Cabanillas e, no caso do CEIP Arquitecto Casas Novoa, só o servizo de madrugadores.

Con tal motivo, dende este xoves están publicadas as listaxes de admitidos nestes servizos, nas que se recollen todas as solicitudes recibidas dende a apertura dos prazos establecidos ata o día 2 de setembro. Para mais información, as familias poden contactar coa Concellaría de Educación e Cidadanía (Edificio Cersia - Rúa do Alcalde Raimundo López Pol, s/n – San Lázaro), a través dos teléfonos 981 554 400/401, do fax 981 571 511 ou da dirección de correo electrónico dptoeducacion@santiagodecompostela.gal.

Ata a adxudicación da prestación do servizo para os cursos 2015-2016 e 2016-2017, o servizo continuarao prestando a actual adxudicataria nos mesmos termos que no curso anterior.

Direccións relacionadas



Compartir: