RELACIÓNS VECIÑAIS

Últimos días para solicitar as subvencións ás asociacións de veciños do exercicio 2015

03/09/2015 O Departamento de Relacións Veciñais lembra que o vindeiro mércores, 9 de setembro, remata o prazo de solicitude das subvencións ás asociacións de veciños deste exercicio 2015. A partida total para estas axudas ascende a 64.800 euros.

Estas subvencións están destinadas na súa práctica totalidade a financiar actividades realizadas polas asociacións, reservándose un máximo dun 20% para gastos xerais de funcionamento. No exercicio anterior, 38 entidades veciñais pediron estas axudas. Ao igual que en 2014, o máximo da subvención será de 1.900 euros.

Lembráselle ás asociacións que, en todo caso, o persoal da Casa das Asociacións de Cornes e o persoal de animación dos centros socioculturais poderá asesoralas en canto á documentación a presentar, como se fixo xa en anos anteriores.

Ademais disto, tamén é importante que, con carácter xeral, o pago dos gastos sexa mediante transferencia bancaria ou cheque acompañado do documento que xustifique o abono, se ben excepcionalmente se permitirá o pago en efectivo de facturas de ata 600 euros (IVE incluído), pero exclusivamente no caso daqueles gastos que pola súa natureza non poidan ser pagados baixo outra modalidade. Neste supostos, os gastos xustificaranse mediante factura ou recibín asinado polo acredor indicando data do aboamento e a expresión "recibín", "cobrado" ou "pagado", e o selo da empresa ou sinatura.

Direccións relacionadas



Compartir: