ACCIÓN CULTURAL

Novas citas co programa "Imos ao baile" nesta primeira semana de setembro

02/09/2015 Comeza o mes de setembro con novas citas do programa Imos ao baile, promovido polos departamentos de Centros Socioculturaisl e de Relacións Veciñais. Desta vez os bailes son en Cornes e en Casas Novas.

O sábado 5 de setembro, ás 17:00 horas, a Casa das Asociacións de Cornes acollerá unha sesión amenizada pola formación Caché. Ao día seguinte, domingo, en Casas Novas e a partir das 22:00 horas, novo baile, desta vez co grupo Elite.

Os bailes continuarán ata finais de ano nos centros socioculturais e na propia Casa das Asociacións. A actividade está dirixida a público adulto e a entrada é libre ata completar a capacidade da sala. .

Direccións relacionadas



Compartir: