ALCALDÍA

Martiño Noriega recibiu en Raxoi os participantes na VIII Asemblea Xeral da Irmandade Xurídica Galega

27/06/2015 O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibiu no salón vermello de Raxoi os participantes na VIII Asemblea Xeral da Irmandade Xurídica Galega (IXUGA). No encontro tamén participaron os concelleiros Xan Duro e Jorge Duarte.

Nesta Asemblea, celebrada no Salón Nobre de Fonseca, participaron secretarios xerais de todas as centrais sindicais, que asinaron un compromiso de galeguización das súas asesorías xurídicas. Trátase de fomentar o uso da lingua galega nos procedementos procesuais, o cal inclúe a solicitude de que os xulgados dicten resolucións en galego.

Compartir: