CENTROS SOCIOCULTURAIS
Pola tarde, ás 19:00 horas, o Club de Teatro de Adultos do CSC de Vite representará a comedia Nin fé, nin café, obra na que participa un elenco de oito actores e actrices. A continuación, o Grupo de Teatro Rocha Forte, porá en escena a comedia A caída do castelo, coa intervención tamén de oito actrices e actores. Ambos clubs están conducidos polo monitor de teatro Xurxo Barcala.
Esta I Mostra de Clubs de Teatro Afeccionado facilita que dez clubs de teatro da Rede de Centros Socioculturais poidan amosar o froito do seu traballo máis alá dos propios centros, facéndose visibles a novos públicos e facilitando o traballo de posta en escena, que é un dos obxectivos destas formacións afeccionadas. É intención do Departamento repetir esta iniciativa en 2016, á vista da boa acollida recibida por esta primeira edición.
Últimas funcións da I Mostra de Clubs de Teatro Afeccionado dos centros socioculturais
26/06/2015 Este sábado 27 de xuño celebrarase a última xornada de representacións da I Mostra de Clubs de Teatro Afeccionado dos centros socioculturais. Tres clubs amosarán as súas propostas ao longo do día na Sala Agustín Magán do Centro Sociocultural de Santa Marta. A entrada é de balde ata completar aforo.
O programa de actuacións comezará as 12:30 horas coa representación de A nosa historia feita de mogollón de historias, creación propia do Grupo de Teatro Infantil do CSC de Santa Marta. Participarán 13 nenos e nenas, dirixidos polo monitor de teatro Diego Vázquez Meizoso. Na representación haberá príncipes namorados, princesas, guerreiros, bruxas, animais que falan... En definitiva, unha historia feita de mil contos.Pola tarde, ás 19:00 horas, o Club de Teatro de Adultos do CSC de Vite representará a comedia Nin fé, nin café, obra na que participa un elenco de oito actores e actrices. A continuación, o Grupo de Teatro Rocha Forte, porá en escena a comedia A caída do castelo, coa intervención tamén de oito actrices e actores. Ambos clubs están conducidos polo monitor de teatro Xurxo Barcala.