TURISMO

O Mercado de Abastos de Santiago conta xa cunha nova aplicación de realidade virtual

22/05/2015 A concelleira de Economía, Reyes Leis, participou na presentación da nova app de realidade virtual do Mercado de Abastos de Santiago, que pretende contribuír a reforzar aínda máis o atractivo turístico desta infraestrutura tras a súa remodelación.

Realizada polo CIS Galicia, esta nova ferramenta permite realizar un paseo virtual pola praza e percorrer os seus recunchos dende calquera dispositivo Android.

Reyes Leis apuntou que o Mercado destacou o carácter monumental do Mercado de Abastos, tanto para o turismo como para os compradores, que atopan nesta praza os mellores produtos locais. Despois da Catedral de Santiago, dixo, o Mercado de Abastos é o segundo punto máis visitado polos turistas.

Compartir: