CENTROS SOCIOCULTURAIS

Os centros socioculturais celebran as Letras Galegas 2015 cunha programación especial

12/05/2015 Os centros socioculturais de Santiago conmemoran o Día das Letras galegas 2015 coa posta en marcha dunha programación especial durante toda a semana, na que teñen cabida diferentes actividades relacionadas coa lectura.

Esta tarde tivo lugar no Centro Sociocultural da Trisca un encontro co escritor Diego Ameixeiras, para achegar aos participantes dos clubs de lectura a súa obra de novela negra Conduce rápido, que recentemente foi galardoada con premio de narrativa Antón Losada Diéguez.

Tamén a partir de hoxe e ata este sábado 16, dende a Biblioteca José Saramago agasallarase cun libro en lingua galega a todos aqueles que se acheguen ás aulas de lectura dos centros de Vite, Conxo, Fontiñas e Santa Marta.

O venres 15, a partir das 18:00 horas, o Centro Sociocultural de Vite acollerá de balde un obradoiro plástico e literario, Animalario fantástico, para nenos e nenas.

Durante toda a semana, no Centro Sociocultural de Santa Marta, haberá obradoiros infantís e outras actividades, coma o concerto do sábado 16, Entre estilos, a cargo do combo de música moderna da Asociación Cultural e Musical Alfaia e, o domingo 17, ás 17:30 horas, o micro concerto de guitarra das alumnas do Conservatorio Municipal de Música Marta González e Antía Muíño Sánchez; ás 18:00 horas, o contacontos Vellos, vellas e outras lerias por conta de Daboapipa e, as 19:00 horas, actuación de teatro Cantos e contos, a cargo de de Titereficcións.

Compartir: