ALCALDÍA

O alcalde visitou a mesa de colecta da Asociación Española contra o Cancro

06/05/2015 O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, visitou a mesa de colecta da Asociación Española Contra o Cancro instalada na sede do Aeroclub na rúa Xeneral Pardiñas.

Como cada ano, a Asociación Española Contra o Cancro (AECC) pon en marcha a súa tradicional campaña de cuestación, cuxo fin é recadar fondos para investigar a enfermidade. Neste 2015, a campaña da AECC leva por lema "Non te imaxinas todo o que un euro pon en marcha" e ten como imaxe o iris branco, como símbolo da loita contra o cancro e do compromiso coa investigación oncolóxica.

Segundo datos da AECC, a supervivencia en cancro aumentou un 20% nos últimos 20 anos grazas á investigación, pasando dun 46% a un 66%. Nalgúns tumores, como o de mama ou determinados cancros infantís, a supervivencia pode chegar a un 85%.

Ademais de a través das mesas de colecta, calquera pode realizar unha doazón a través da web da AECC.

Compartir: