CENTROS SOCIOCULTURAIS

O programa "Imos de excursión 2015" retoma a actividade cunha visita a Mugardos

04/05/2015 O programa Imos de excursión 2015, promovido pola Concellería de Cultura, continúa coa programación de excursións dende os centros socioculturais, coa organización dunha visita ás "Terras de Mugardos" na que os participantes se achegarán ás localidades de Mugardos, Ares e Redes.

A primeira das paradas terá lugar na cidade de Ferrol, onde se fará unha breve visita e unha parada para embarcar nunha lancha con destino a Mugardos. Unha vez nesta vila, os participantes poderán descubrir o seu carácter mariñeiro, ademais de atopar mostras de arquitectura indiana, militar e relixiosa, entre as que destaca o Castelo da Palma, que foi sede de importantes acontecementos históricos.

Antes de poñer rumbo cara a seguinte parada, os excursionistas desgustarán un xantar concertado tipo buffet no Restaurante Cabanas Hotel Sarga. Tras o almorzo, o grupo visitará as vilas mariñeiras de Ares e Redes, onde poderán contemplar a súa especial arquitectura adaptada ao relevo do mar, con casas coloristas con galerías de madeira.

O prezo da excursión, que se celebrará o domingo 31 de maio, é de 28 euros nos que se inclúe o autobús, o xantar, seguro de viaxe e guía.

Os interesados en participar nesta actividade poden inscribirse a partir deste martes 5 de maio nos centros socioculturais.

Dentro do programa Imos de excursión 2015 estanse preparando dúas novas actividades para os próximos meses. Os días 6 e 7 de xuño realizarase unha viaxe a Asturias e os Picos de Europa e o día 14 desde mesmo mes unha visita á Illa de Cortegada.

Compartir: