SEGURIDADE E MOBILIDADE

Revisión das tarxetas de aparcamento para residentes

26/03/2015 A Concellería de Mobilidade e Seguridade Cidadá informa a todos os cidadáns que o Concello está a levar a cabo a actualización e comprobación das tarxetas/distintivos de aparcamento para residentes.

A relación das tarxetas/distintivos que se anulan nas distintas zonas (por non cumprir os requisitos esixidos pola Ordenanza do Sistema de Ordenación e Regulación do Servizo da ORA e Aparcamento de Residentes) será publicada nesta web (apartado de anuncios) e no Boletín Oficial da Provincia.

Recentemente xa se publicaron as correspondentes á zona 1, Pontepedriña, e á zona 2, Vite.

Compartir: