CENTROS SOCIOCULTURAIS

Apertura da inscrición para a viaxe a Portugal do programa "Imos de excursión"

25/02/2015 Continuando coa programación de viaxes organizada dende os centros socioculturais para este ano 2015 dentro do programa Imos de excursión, este xoves 26 de febrero, a partir das 17:00 horas, quedará aberto o prazo de inscrición para a viaxe de varios días á Porto, Coimbra, Aveiro e Poboa do Varzim, en Portugal.

A viaxe realizarase os días 20, 21 e 22 de marzo e permitirá aos participantes coñecer a riqueza patrimonial, natural e gastronómica destas vilas portuguesas.

O prezo da viaxe e de 159 euros e inclúe o autocar, a estancia de dúas noites nun hotel en Porto, pensión completa, visitas con guías acompañantes e seguro de asistencia na viaxe.

Documentos relacionados



Compartir: