EDUCACIÓN

Xornada didáctica da Escola Municipal de Música nos centros educativos da cidade

24/02/2015 As escolas infantís de San Roque e Tras-Parlamento, os colexios A Inmaculada, La Salle, San Jorge e o CEIP Ramón Cabanillas acolleron unha nova actividade didáctica da Escola Municipal de Música (EMM), dentro do 5º ciclo de sesión didácticas que esta institución educativa vén realizando nos centros de ensino de Compostela. Quen é quen: os instrumentos que viven na EMM é o título deste programa, a cuxa sesión no CEIP Ramón Cabanillas asistiu a concelleira de Educación, Maite Cancelo.

Esta sesións didácticas -30 en total- teñen como obxectivo promover o achegamento da música aos máis pequenos na rede de centros educativos de Compostela. O ciclo está destinado ao alumnado do 3º ciclo de primaria.

En cada xornada, dous músicos da EMM visitan os centros educativos. Presentan os instrumentos (clarinete e saxofón, clarinete e frauta traveseira, violín e violoncello, viola e contrabaixo ou trombón e trompeta), describen as súas características e posibilidades melódicas e explican as diferentes formas musicais de interpretación. Os músicos interpretan ao tempo diferentes pezas musicais.

Participan nesta iniciativa as escolas infantís (Fontiñas, Conxo, Meixonfrío-Salgueiriños, Tambre, San Roque e Tras-Parlamento); os CEIP Raíña Fabiola, López Ferreiro, Apóstolo Santiago, As Fontiñas, Roxos, Ramón Cabanillas, e Vite; e os colexios Santa Apolonia, A Milagrosa, Juventud, A Inmaculada, San Jorge e Santa Apolonia.

Compartir: