EDUCACIÓN

Admisión nas escolas infantís municipais de Conxo, As Fontiñas e Meixonfrío-Salgueiriños

28/05/2015 Na sesión celebrada o día 28/05/14, a Xunta de Goberno da Cidade de Santiago de Compostela acordou aprobar as listaxes definitivas de admitidos, excluídos e listas de agarda nas Escolas Infantís Municipais de Conxo, Fontiñas e Meixonfrío-Salgueiriños para o curso 2015-2016.

Entre o día 2 e o 18 de xuño, as familias con nenos e nenas que teñan adxudicada unha praza para este curso escolar 2015-2016 deberán achegarse á escola infantil correspondente para proceder á formalización da matrícula. Na escola contarán con toda a información e asesoramento relativo ao seu funcionamento, poderán visitar as instalacións e recoller os impresos necesarios para a formalización da matrícula.

No caso de que algunha familia desista da praza obtida, poderá formalizar a renuncia na propia escola, o que facilitará que moitas familias en lista de agarda podan acceder ás prazas vacantes. Esta situación se producirá a partir do día 18 de xuño cando comece o chamamento da listaxe de agarda, unha vez se comproben as prazas vacantes para este curso escolar 2015-2016

Compartir: