EXPOSICIÓN

Abertas as exposicións "Granell e a palabra" e "Colección surrealista de Granell"

29/01/2015 A concelleira María Jesús Sáinz asistiu á inauguración no Museo Fundación Eugenio Granell de dúas novas exposicións sobre o universo do artista: Granell e a palabra e Colección surrealista de Granell. As mostras poderán visitarse ata o 21 de xuño.

Con estas dúas mostras, comisariadas por Natalia Fernández Segarra, directora do Museo Fundación Granell, continúa a actividad expositiva que conmemora a celebración do seu 20 aniversario (1995-2015).

Granell e a palabra afonda nun dos aspectos máis suxestivos dentro do universo creativo de Granell: a palabra e a súa presenza en moitas das súas obras, que inevitablemente pasan a formar parte do seu discurso e configuran esa homoxeneidade que discorre en todo o seu discurso plástico.

Colección surrealista de Granell componse dunha selección de obras en diferentes formatos que forman parte da Colección Surrealista. A mostra parte do concepto de exhibición non convencional. A sala organízase en catro bloques, formando grupos que se relacionan a través das diferentes composicións.

Dentro desta importante colección preséntanse obras de artistas tan significativos como Picasso, Marcel Duchamp, Oscar Domínguez, Maruja Mallo, Wifredo Lam, Cruzeiro Seixas, Toyen, Iván Tovar, Max Ernst, Man Ray, Picabia, Joan Miró, Antonio Saura, Laxeiro, Alberto, José Caballero ou Carlos Mérida, entre outros.

Compartir: