DESENVOLVEMENTO URBANO SOSTIBLE

Rematada a obra de mellora da rede de pluviais na rúa de Teo

29/01/2015 A concelleira de Desenvolvemento Urbano Sostible, Teresa Gutiérrez, acompañada polos edís Luis Meijide e José María Rosende, visitou a rúa de Teo, onde o Concello realizou obras de mellora da rede de pluviais. Esta intervención supuxo un investimento de 57.179 euros.

A necesidade desta obra xorde do sumidoiro lonxitudinal construído no seu día na rúa de Teo. Debido á súa situación nunha zona de estacionamento, as manobras dos vehículos provocaban que a reixa se descolocara e caera na canle inferior, causando unha situación de perigo para peóns e vehículos, tanto pola posible caída no interior da canle como pola situación da reixa sobresaíndo.

Ante esta situación, retirouse a reixa lonxitudinal existente e colocouse unha nova canalización de PVC de 200 milímetros de diámetro, reforzada exteriormente mediante o recheo da gabia con formigón. Tamén se instalaron 24 sumidoiros puntuais de 50 x 40 centímetros, situados sobre a devandita canalización, entroncando a nova rede coa existente. Para a mellor concentración das augas pluviais superficiais, rematouse o recheo de formigón mencionado.

A nova instalación consta de 586 metros lineais. Nalgún tramo foi preciso o levantamento dos pavimentos, que logo foron repostos.

Compartir: