SEGURIDADE E MOBILIDADE

Amplíase o servizo de transporte público ao lugar do Son, na parroquia da Gracia

28/01/2015 O concelleiro de Mobilidade, Alejandro Sánchez-Brunete, estivo a manter nos últimos meses varias xuntanzas cos veciños do lugar do Son, na parroquia da Gracia, nas que se estudaron as posibles melloras do transporte na zona, así como o seu encaixe administrativo competencial.

Dende a directiva da Asociación de Veciños propúxoselle ao Concello o necesario aumento de paso da liña de transporte urbano. Por parte da administración local, e xuntando os principios de servizo público e proporcionalidade de acordo coa potencial demanda, presentóuselle á asociación unha mellora no servizo.

Segundo se acordou na xuntanza mantida na tarde de onte coa asociación, esta celebrará nos vindeiros días unha asemblea na parroquia coa finalidade de concretar a mellor estrutura horaria, de xeito que se garantan as necesidades de transporte na zona.

Unha vez acordado o servizo e comunicado ao Concello, informarase ao conxunto dos usuarios das novas frecuencias, que comezarán a operar o antes posible.

Compartir: