CENTROS SOCIOCULTURAIS

Ábrese a mostra fotográfica "Espazos compartidos. Cines e vidas", do programa Compostela Cine Classics

14/01/2015 Unha exposición conformada por 15 fotografías seleccionadas das concorrentes no concurso promovido pola edición deste ano do Compostela Cine Classics, pecha a programación sociocultural deste proxecto, que arrancara en setembro de 2014 e que acolleu ata 36 accións distintas entre proxeccións cinematográficas, faladoiros, obradoiros e exposicións, nas que participaron mais de 2.000 persoas.

A exposición Espazos compartidos. Cines e vidas recolle as impresións dos distintos autores sobre o cine nas súas vidas, os seus recordos e o que o cine representa para eles. As fotografías exhibiranse dende o 15 de xaneiro e ata o 12 de febreiro no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche.

Os traballos seleccionados son os seguintes: "Voltaremos", de José Alberto Pedrido Guldrís; "Días de choiva", de Ana Valado; "Personaxe misteriosa", de José Alberto Pedrido Guldrís; "Novembro en Compostela" de María Munín González; "Outro Cinema Paradiso", de Jorge Juan; "Redescubrindo a Sala Yago", de Yolanda Atararxia; "Fuga en vermello", de Javier Grixo; "Godard", de Ana Gontad; "I love cine", de Peibol; "Safety curtain", de Valeria; "A taquilla do Colón", de Tania F.; "Con faldas y a lo loco en San Martiño Pinario", de María Munín González; "A derradeira carteleira dos cines Valle-Inclán", de María Munín Gonzalez; "Primer plano", de José Mª Lamas; e "Expo cine", de Lora B.

No acto de inauguración, o xoves 15 ás 20:00 horas, a concelleira de Centros Socioculturais, María Antón, entregará tamén o premio á fotografía seleccionada polo xurado do concurso: "Voltaremos", de José Alberto Pedrido Guldrís. O xurado contou coa presenza como experta da fotógrafa Tamara de la Fuente.

Compartir: