SERVIZOS SOCIAIS

O Concello recolle os xoguetes recadados pola empresa Viaqua

22/12/2014 A concelleira María Corral presidiu o acto de entrega dos agasallos, que serán distribuídos pola Asociación San Vicente de Paúl.

A concelleira de Servizos Sociais, María Corral, asistíu hoxe no IES de Fontiñas ao acto de entrega ao Concello dos xoguetes recadados pola empresa Viaqua.

O director Julio Masid Bande e o xerente da empresa, José Antonio del Rey, foron os encargados de realizar a doazón, que foi entregada na súa totalidade á Asociación San Vicente de Paul para a súa distribución.

Compartir: