ALCALDÍA

O alcalde agradece aos traballadores xubilados o seu traballo en prol da cidade

22/12/2014 Chegadas as datas do Nadal e de final do ano, os traballadores municipais xubilados durante o exercicio son recibidos en Raxoi. Así aconteceu un ano máis nun acto celebrado no salón nobre, no que o alcalde e outros membros da Corporación lles entregaron unha placa en recoñecemento ao seu labor durante anos no Concello de Santiago.

Agustín Hernández expresoulles aos traballadores a súa gratitude e a da cidade polo anos de servizo, contribuíndo ao seu desenvolvemento. Ademais, desexoulles unha feliz xubilación.

Os xubilados este ano foron: NORBERTO VILLAVERDE GARCÍA, JOSÉ ANTONIO CARRIL FERNÁNDEZ, MIGUEL VAZQUEZ SEIJO, JOSÉ LUÍS CASTRO OTERO, RAMÓN DOMÍNGUEZ CARNOTA, ELVIRA Mª JESÚS CERDEIRIÑA VÁZQUEZ ULLOA, ALCIRA GOMEZ GIGIREY, CONCEPCIÓN PEREIRA NOYA, e PALMIRA XISTO MOURULLO.

Tamén se tivo un recordo para os dous traballadores municipais que morrero neste ano, Alfonso Seoane Nieto e Martín Aldrey Iglesias.

Compartir: