CENTROS SOCIOCULTURAIS

Última proxección do programa Compostela Cine Classicss 2014

19/12/2014 Cine Classicss remata hoxe venres este ciclo de proxeccións co gran clásico de Frank Capra "Que fermoso é vivir" (1946) moi acaído a estas datas, coa etiqueta de cine familiar e unha duración de 130 minutos.

Unha oportunidade de gozar de bo cine en versión orixinal, podendo facelo ademais en familia. Conducirá a presentación e debate posterior sobre a película a profesora e investigadora na Duke University, Alejandra Juno.

Coma sempre, entrada de balde ata completar capacidade da sala Agustín Magán do Centro Sociocultural de Santa Marta, a partir das 20.30 h.

Compartir: