DEPORTES

Máis de 200 nadadores, entre os que destacan Bea Gómez e María Vilas, competirán desde o venres en Santa Isabel polo campionato galego absoluto de natación

18/12/2014 A concelleira de Deportes, María Corral, acompañada polo presidente da Federación Galega de Natación, Carlos Bremón Pérez; o presidente do Club Ciudad de Santiago, Fernando Pazos Ríos, e o director técnico, José Ángel Rioseco, presentou o campionato galego absoluto de inverno de natación que se desenvolverá na cidade os días 19, 20 e 21 deste mes.

25 clubes que aglutinan a preto de 270 nadadores competirán o vindeiro venres, sábado e domingo por acadar os mellores resultados no campionato absoluto, o máis importante do circuíto de inverno a nivel galego, segundo sinalou a edil de Deportes.

A cita terá lugar na piscina municipal de Santa Isabel e nela participarán deportistas de renome como Beatriz Gómez ou María Vilas, que veñen de enfrontarse a Mireia Belmonte nos campionatos celebrados en Sabadell. A loita entre ambas, como avanzou o presidente da Federación, "promote ser espectacular".

Dende a entidade organizadora, o Club Natación Ciudad de Santiago animan a todos os composteláns a acudir a Santa Isabel para disfrutar tanto da competición como do ambiente.

Compartir: