CULTURA

A Banda Municipal de Música de Santiago clausura o Ciclo de Outono

28/11/2014 Este domingo 30, a Banda Municipal de Música ofrece un concerto no Teatro Principal ás 12:00 horas, co que clausurará o Ciclo de Outono. Estará dirixida polo director convidado David Fiuza, que ofrecerá un interesante percorrido histórico pola música orixinal para banda.

O concerto, titulado Un histórico paseo europeo, é unha viaxe cronolóxica por distintas épocas, estilos e lugares de Europa, seleccionando algunhas das obras máis emblemáticas do repertorio orixinal europeo. Abrangue un percorrido de 130 anos, pasando por Italia, Inglaterra, Rusia, Francia e Galicia.

Documentos relacionados



Compartir: