ALCALDÍA

O alcalde visitou as obras de mellora da mobilidade e da accesibilidade de Vista Alegre

22/11/2014 O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, visitou as obras de mellora da mobilidade e da accesibilidade que se están realizando no barrio de Vista Alegre, incluídas no programa Urbana Santiago Norte. No percorrido estivo acompañado por integrantes da Asociación de Veciños de Vista Alegre e polos concelleiros Luis Meijide e José María Rosende.

Cómpre lembrar que estas obras van supor unha intervención na totalidade do ámbito, coa demolición das terrazas dos 33 bloques de vivendas cos que conta este polígono. As obras permitirán a supresión de barreiras arquitectónicas; a reordenación do tráfico; a apertura de rúas peonís; a canalización de novos servizos (fibra óptica e gas) e a de outros xa existentes (electricidade), que na actualidade son exteriores; ou a reordenación de zonas de estacionamento e soterramento de colectores, entre outras.

Compartir: