ALCALDÍA

O alcalde felicita unha veciña de Fontiñas con motivo do seu 100 aniversario

31/10/2014 O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, felicitou a Dorinda Pedreira Santiso, veciña de Santiago, con motivo do seu 100 aniversario O rexedor compostelán visitou á Dorinda no seu domicilio, no barrio de Fontiñas.

A homenaxeada mantivo con Hernández unha amena charla na que compartiu lembranzas da súa vida. Pola súa banda, o alcalde, que acudiu acompañado da concelleira de Servizos Sociais, María Corral, trasladoulle os parabéns de todos os composteláns.

Compartir: