CENTROS SOCIOCULTURAIS

O CSXM do Ensanche acolle unha charla sobre seguridade nas compras a distancia

17/10/2014 Este martes 21 de outubro, ás 19:00 horas, o Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche acollerá a charla sobre seguridade nas compras a distancia. A entrada é de balde con inscrición previa.

Será unha charla, impartida pola escola práctica da Asociación de Usuarios de Bancos, Caixas e Seguros (ADICAE), sobre a seguridade na compra a distancia, con especial referencia á compra por internet, á contratación telefónica e por catálogo. Esta sesión enmárcase no proxecto Consumidores 2014. Retos e melloras nos seus dereitos á hora de contratar e na súa defensa colectiva.

A charla ten como obxectivo Informar e formar a consumidores interesados en realizar compras a distancia, proclives a sufrir os abusos que derivan do seu uso, polo que resulta necesario explicarlles os riscos ante os que se poden atopar e como evitalos. Abordaranse cuestións como os dereitos de información pre-contractual, os contratos a distancia e fóra do establecemento, os contratos telefónicos, o dereito de desestimento de 14 días, a execución do contrato (entrega, risco de perda e pagos adicionais), as cláusulas abusivas e prácticas comerciais desleais, o spam telefónico ou consellos útiles de seguridade nas compras a distancia. No taller repartirase material relativo ao contido do mesmo.

Máis información no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche (rúa Frei Rosendo Salvado, 14-16), teléfono 981 543 001.

Documentos relacionados



Compartir: