TURISMO

Presentado o libro "Buen Camino", o relato persoal sobre o Camiño de José Pedro García

01/10/2014 A concelleira de Turismo, Reyes Leis, presentou en Raxoi o libro Buen Camino, de José Pedro García. O propio autor foi o encargado de describir a publicación, que relata a experiencia transformadora que para el supuxo a ruta a Santiago de Compostela.

Buen Camino naceu da necesidade de compartir con outras persoas as experiencias que José Pedro García foi vivindo na ruta xacobea. En 2007 e durante oito días, realizou o Camiño dende O Cebreiro, converténdose unha experiencia catártica para o autor.

A partir de entón, converteu facer o Camiño nun hábito e xa vai pola sexta vez que se somerxe nesta aventura para facer diversos tramos. Na súa terceira experiencia decidiu plasmar o seu itinerario persoal nun libro, o que lle serviu tamén para descubrir que non existía literatura en castelán que narrara en clave de relato as experiencias dunha persoa normal e como evoluciona a través da peregrinación. Si existían este tipo de novelas noutros países.

Direcciones relacionadas



Compartir: