ALCALDÍA

Agustín Hernández visitou as instalacións da empresa compostelá Coremain

01/10/2014 O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, visitou as instalacións de Coremain, empresa compostelá que ten a súa sede corporativa no parque empresarial da Costa Vella.

Coremain é un proxecto empresarial que naceu en 1991 en Santiago de Compostela. Dende a súa creación, a compañía foi medrando ata converterse nunha das primeiras consultoras españolas en tecnoloxías da información, actualmente con presenza en Madrid, Vigo e, dende este 2014, en México DF.

Compartir: